Quen é quen?

 Imos avanzando tamén na creación do xogo Quen é quen? de AltofalantA na materia de Historia do mundo Contemporáneo. Os alumnos de primeiro de Bacharelato xa teñen deseñadas as tarxetas coas imaxes e a información das músicas que protagonizarán o xogo. 

Atrevédesvos a adiviñar quen é a cantante do debuxo de abaixo? Seriades quen de identificar a súa voz? 

A solución, moi pronto no xogo interactivo do que poderedes disfrutar no noso centro!



Comentarios