Desde AltofalantA non podíamos deixar de conmemorar o Día da Muller. E fixémolo dando voz, unha vez máis, a mulleres do mundo da arte. Nesta ocasión, trátase de escritoras de todos os tempos e todos os lugares. En Literatura Universal, eliximos vinte mulleres e decoramos a escaleira principal de acceso ao noso centro con citas delas relacionadas co feminismo.
Aquí está o resultado! Moitas grazas a Lucas, Chus, Ángela, Lucía, Raúl e Alonso pola vosa axuda dunha ou doutra forma.


Comentarios
Publicar un comentario