Esta semana rematamos as gravacións das seccións do noso programa de radio!
O luns, visitounos unha vez máis a xornalista Ángela Fernández para dar aos alumnos de 1° de Bacharelato unhas nocións básicas de locución e guiarnos nos ensaios.
O resto dos días, na materia de Lingua castelá e literatura, gravamos todas as seccións que conformarán o programa.
Agora solo queda que os técnicos de son de cada clase escollan a música e monten o podcast.
Se queredes disfrutalo, atentos a este blogue!

Comentarios
Publicar un comentario