Escoitemos

 







Por fin temos rematado o podcast de AltofalantA, un proxecto no que os alumnos de 1º de Bacharelato levan traballando todo o curso para dar voz a algúns personaxes femininos da literatura castelá. Eles mesmos crearon os guións, gravaron as locucións, elixiron as sintonías e montaron este podcast tan orixinal no que poderemos escoitar a opinión de Celestina sobre a legalización da prostitución, a chamada de auxilio das fillas do Cid como vítimas de malos tratos ou que pensa a muller do Lazarillo da súa fama de desleal. 

Grazas á xornalista Ángela Fernández pola súa axuda e noraboa a todos polo resultado, seguiremos traballando por un futuro sin silencios en feminino. 

Podedes disfrutar do podcast, pinchando no seguinte enlace: 


https://drive.google.com/file/d/1Ed9I76RQdt9T7y44hBXoIn4gZaxa_nt7/view?usp=sharing

Comentarios