Non podiamos despedir este curso e este proxecto de AltofalantA de mellor forma que aprendendo sobre unha das principais pioneiras das nosas letras: Emilia Pardo Bazán.
Viaxamos á Coruña para facer un roteiro pola cidade que describiu a autora nas súas novelas, a Marineda que compara co corsé dunha muller que se abre sobre unha falda. Fíxemolo da man das guías de Donas Senlleiras e rematamos cunha dinámica moi interesante na casa-museo da escritora, coa que aprendemos moito sobre o feminismo de Emilia.
¿Algo terían que ver na súa forma de pensar estas palabras que lle dixo seu pai de moza: "Mira, filla, os homes somos moi egoístas, e se che din algunha vez que hai cousas que poden facer os homes e as mulleres non, di que é mentira, porque non pode haber dúas morales para dous sexos"?


Comentarios
Publicar un comentario