A xogar!

 


O pasado xoves,  quedou oficialmente inaugurado, na planta baixa do noso centro, o xogo Soame a túa voz de Altofalanta que con tanto esmero levan preparando os alumnos de Historia do mundo contemporáneo de 1° de Bacharelato.

Trátase dun reinventado Quen é quen no que tes que identificar cada canción que escoites e unila cos conectores que atoparás na caixa coa súa intérprete. Ademais, tes tarxetas con información de cada unha das artistas que compoñen o xogo para coñecelas mellor.

Se sabes quen é Tiësto pero non Amparo Llanos, achégate a aprender e divertirte con nós!

Comentarios